O Catre Teatro: a escena en Ferrol

Despois da estrea nas Pontes e tras a boa acollida en Zas e no Carballiño, O MEDO MEU recala en Ferrol.

Nesta peza, composta por sketchs maiormente xestuais, o grupo pontés trata medos e inquedanzas cun ton cómico.

Enmarcada no ciclo de teatro afeccionado Domingos a escena, O MEDO MEU representarase no Centro Cívico de Caranza o domingo 16 ás 19.00 h. A reflexión e as risadas están garantidas!

Nova cortesía do Catre Teatro

También podría gustarte
Comentarios