O DEPORTIVO B DE ENRIQUE FORNOS ASCENDE A SEGUNDA B

Fíxoo tras gañar ó Cacereño 2-0

Na mañá deste domingo conseguía o Deportivo de A Coruña B ascender a Segunda División B, tras gañar 2-0 ao Cacereño, despois do 0-0 na ida, na promoción dos campións, co que o filial herculino volve División de Bronce do fútbol español.

Fíxoo, entre outros, da man do pontés Enrique Fornos. A pesar de ser dos máis novos do equipo, e pese a multitude de fichaxes, e a chegada de xente experimentada, foise facendo un oco ata acabar sendo titular no centro da zaga.

Acabou xogando 31 encontros no equipo campión de Liga, 27 completos, ademais dos dous desta fase de ascenso.

No encontro de hoxe, con ata cinco mil persoas en Riazor, marcou Borja Galán na reanudación tralo descanso, e Álvaro Queijeiro trouxo a tranquilidade no desconto co 2-0, dado que un empate do Cacereño daballe a clasificación ós extremeños polo valor doble.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios