Amigus
As Pontes

O ESTEO FS XA COÑECE ÓS SEUS RIVAIS DE CARA Á TEMPADA 2017-18

O grupo primeiro da Segunda División B pasará de 14 a 16 equipos

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo xa coñece ós seus rivais para a vindeira tempada 2017-18 na Segunda B.

Acostumado como está a ter rivais casteláns leoneses e asturianos, este ano acompañarano tamén na categoría varios equipos cántabros. Tamén se pasará de catorce a 16 equipos, polo que en lugar de 26 xornadas haberá trinta.

Continúan clásicos habituais galegos da categoría, coma o Leis de Pontevedra, Ventorrillo da Coruña, Pizarras Los Tres Cuñados do Barco, Xove e o descendido Cidade de Narón, tamén os casteláns leoneses Universidad de Valladolid, Zamora, Albense, Cuéllar, Guardo, Atlético Benavente, e desa comunidade incorpórase o Unión Arroyo vallisoletano.

De Asturias xogará o Santiago de Sama de Langreo, e de Cantabria o Santoña, que, a nivel de fútbol campo compartirá grupo co Endesa As Pontes 1989-90, e da localidade do tricampión mundial Óscar Freire, Torrelavega, o Construcciones Cobo.

Despídense con respecto ó ano pasado, o Noia, quen non conqueriu o ascenso pero ó ampliar a Segunda División de 14 a 16 equipos fíxose cunha praza na categoría xunto ó Córdoba, e os dous que baixaron a Terceira, o Boal Asturiano e o San José de Salamanca.

Pola súa parte, o equipo pontés, ás ordes de Javi Saa, continúa a planificar o seu plantel de cara ó vindeiro ano, no que xa se sabe da continuidade de Héctor e a baixa do porteiro Iván.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios