O ESTEO FUTBOL SALA

Difícil saída para o Este FS, que este sábado xoga na pista do colider, Noia FS.

O Noia será un rival duro de roer, xa que na pasada tempada quedou campión de liga e na presente comparte liderado co Guardo, que é primeiro por maior diferenza de goles.

Os ponteses non están a estar moi acertados nos primeiros compases da liga e nas tres primeiras xornadas sufriron outras tantas derrotas, dúas na casa, o que os coloca nos postos baixos da clasificación, xunto a Boal, San José de Salamanca e Atlético Benavente, equipos que tampouco puntuaron na presente liga.

Nin que dicir ten, que sumar algún punto na pista do Noia sería un importante revulsivo para o equipo pontés, do que moitos pensan que pode facer máis nesta liga, pero que, de momento, non está a ter esa sorte que precisa para sumar puntos e escalar postos na clasificación.

Nos sete enfrontamentos anteriores entre os dous equipos, o Esteo tan só gañou unha vez. Foi na tempada 2013/14 no pavillón da Fraga por 3-2. As restantes confrontacións foron vitorias dos noieses, na súa pista tres por 4-2, 6-3 e 4-2 e na tempada 2014/15, 1-4 nas Pontes na semifinal da copa Deputación.

SEGUNDA DIVISIÓN B (4ª Xornada)
NOIA F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 22 – Outubro – 2016 (18,15 h)
Pavillón Municipal de Noia

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios