O ESTEO FUTBOL SALA

A derrota na anterior xornada ante o Pizarras 3C obriga ó Esteo a puntuar en Alba de Tormes para saír do posto de descenso.

A derrota na anterior xornada ante o Pizarras 3C obriga ó Esteo a puntuar en Alba de Tormes para saír do posto de descenso.

O partido non se presenta fácil para os ponteses, xa que os salmantinos son oitavos na clasificación con 36 puntos e ademais o Esteo perdeu nas únicas dúas visitas anteriores a Alba de Tormes, por goleada (11-4) na tempada 2013/14 e 3-1 na anterior campaña.

Na presente tempada, en pista pontesa tamén gañou o Albense por 4-5 grazas a un inxusto dobre penalti sinalado, a falta de corenta segundos, precisamente polos árbitros Andrés Vanegas Betancur e Adolfo Díaz Arias, que pitaron o pasado domingo no pavillón da Fraga contra os valdeorreses. Curiosamente, os dous partidos con pésima arbitraxe dos citados colexiados asturianos, que foron moi protestados nos dous encontros.

SEGUNDA DIVISIÓN “B” FÚTBOL SALA (28ª)

C.D. ALBENSE F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 23 – Abril – 2016 (18,30 h)
Pavillón Municipal (Alba de Tormes, Salamanca)

Nova cortesía de AF

También podría gustarte
Comentarios