O ESTEO FÚTBOL SALA

O equipo pontés xoga este luns en Ferrol as semifinais de Copa

O equipo pontés do Esteo vivirá este luns na Malata unha xornada histórica xa que clasificou para xogar as semifinais da Copa de Galicia xunto aos tres mellores equipos galegos, O Parrulo e Santiago Futsal, de Primeira, e o Burela, de Segunda División.

O equipo pontés enfrontarase na primeira semifinal (19:00) ó cadro lucense, que este sábado clasificou para xogar os play offs de ascenso a Primeira División como o mellor dos catro que optan a subir, por diante de Antequera, Puertollano e Betis.

Na outra semifinal (21:15), O Parrulo e Santiago Futsal prolongarán o litixio que mantiveron durante esta campaña pola salvación, e que se resolveu nas derradeiras xornadas a prol dos ferroláns, que lograron a permanencia cinco puntos por riba dos santiagueses, disputa que estivo igualadísima case ata o final.

Os dous equipos gañadores xogarán a gran final o martes festivo día 1. Ao mesmo tempo xogarase a Mini Copa Infantil, cos mesmos equipos protagonistas e cruces eliminatorios.

COPA DE GALICIA
CD BURELA FS – O ESTEO FS
Luns 30 – Abril – 2018 (19:00)
Pavillón de A Malata (Ferrol)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios