O ESTEO XA CONTA CON OITO XOGADORES

O equipo pontés renovou a dous futbolistas nestes últimos días, fichou a outros dous xogadores, e tamén se coñece cal será o primeiro rival da tempada.

Estes últimos días, nos que coñecíamos quen serán os rivais do Esteo na vindeira campaña, o conxunto pontés está traballando arreo para pechar o seu plantel, no que xa ten a oito xogadores que estarán a disposición de Javi Saa.

Ás renovacións xa coñecidas do porteiro Javichu, os xogadores de pista Gerardo e Ayala, e á fichaxe do pívot Alex Garea, procedente do Cidade de Narón, estes últimos días soubose que o conxunto pontés de fútbol sala contará con outros catro futbolistas máis.

Renovaron o capitán Héctor Corgo, e o outro porteiro, Iván, e foron fichados, procedente do Troula betanceiro o ala Rober Paz, que regresa ó equipo verde e vermello no que xa estivo na 2013-14, a do debut do Esteo nesta categoría, e o pívot de 34 anos, Jacobo, procedente do Cidade de Narón, xogador dunha dilatada traxectoria o coruñés, que tamén xogara no Burela, Azkar e Parrulo, entre outros.

Por outra parte, tamén se soubo que o equipo pontés participará na Copa Deputación de A Coruña, e o seu primeiro rival será o Stellae FS, ó que terá que visitar en Padrón. O vencedor desta eliminatoria enfrontaráse en cuartos de final como local ó Cidade de Narón.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios