Amigus
As Pontes

O FUTBOLISTA PONTÉS DAVID CARBALLO CAMPIÓN GALEGO

Na fase final disputada esta fin de semana en Mos

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O futbolista pontés David Carballo Criado gañou este domingo o Campionato Galego, disputado en Mos, co Deportivo de A Coruña Alevín.

Na fase final, á que chegaron os catro mellores equipos, o Deportivo desfacíase en semifinais do Porriño Industrial por 5-1, con dous tantos de David, e na final venceu 2-0 ao Lugo, conxunto que na penúltima rolda eliminou ó Celta polo mesmo marcador.

A semana anterior lograron praza entre os catro semifinalistas, en Becerreá, onde o Deportivo venceu na fase de grupos a Residencia (7-1), Ural (3-0) e Boiro (6-0), en semifinais ó Outes (7-0), e na final de novo ó Ural (2-0).

No torneo disputado en Mos o Deportivo gañou en Alevín e tamén Prebenxamín, mentres que o gañador Benxamín foi o Ural.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotos cortesía Futgal.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios