PREFERENTE NORTE. CSD ARZÚA 1 – CD AS PONTES 3

O As Pontes remata a Liga a dous puntos dos dous primeiros, e xogará co Atios a promoción dos terceiros

O As Pontes rematou este domingo a súa participación na Liga cun triunfo, 1-3 en Arzúa, con tantos de Dani Carballeira e Dani no primeiro tempo, e Toni Rodríguez preto do final.

Xogaron Kiko, Criado, Ramos (Jandro 82´), Rego, Maroñas, Dani, Martínez, Bossa, Carba (Iglesias 55´), Fidi e Toni.

Repartense os goles Adrián Iglesias (14), Rubén Pardo (12), Eloy, Bossa e Dani (9), Quique (7), Rego (5), Alex (4), Fidi e Carba (3), Criado e Ramos (2), Roberto, Maroñas, Chis e Toni (1), e dous en propia meta.

Dado que Atios e Ourense empataron 0-0, ascendeu o conxunto ourensán xunto ó Porriño Industrial, sendo o outro equipo de Porriño, o Atios, o que xogará co As Pontes a promoción dos terceiros, unha eliminatoria con poucas posibilidades para ambos, debido aos descensos de Racing de Ferrol e Cerceda, e a eliminación nesta primera rolda do Bergantiños e Alondras.

O conxunto de Marco Roca remata a Liga con 77 puntos, a dous dos ascendidos Polvorín e Paiosaco, e faino como máximo goleador (85), dous por riba do filial lucense e 19 máis que o equipo de Laracha, e tamén é o terceiro menos goleado (34), por 31 e 32 de primeiro e segundo clasificado.

Na actual Preferente Norte esta é a novena campaña do As Pontes, sendo a segunda con mellor clasificación. O ano do ascenso, en 2010, rematara con 84 puntos, os mesmos que o Mesón do Bento, e este ano remata terceiro con 77.

Tamén foi terceiro en 2005, con 74 puntos, e vencera na promoción por penaltis á Ponte Ourense, quedando a un palmo de ascender, e non o fixo porque o Bouzas empatou os dous encontros co Móstoles, quedando sen ascenso polo valor doble dos goles.

Na 2006 tamén se acabou terceiro, daquela con 70 puntos, e perderase na promoción co Porriño, 0-1 e 0-0, non ascendendo ningún dos dous. Nas outras cinco campañas na Preferente Norte, o equipo sumou un quinto, sexto, sétimo, oitavo e noveno posto.

Na antigua Preferente Norte, o equipo fora sexto na 1981-82, quinto na 1982-83, e segundo na 1983-84, ascendendo a Terceira tras promocionar co Rúa de Ourense, quedando 0-0 no Poboado e 1-2 en Ourense un glorioso 10 de Xuño de 1984.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios