Amigus
As Pontes

O INFANTIL DO AS PONTES, CLASIFICADO PARA A FINAL DA COPA AFACO

Xogará o sábado ás 11:30 contra o Miño

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O equipo infantil do CD As Pontes, dirixido por Rubén Rivas, clasificou a pasada fin de semana para a disputa da Final da Copa Afaco, que se xogará este sábado, precisamente no Campo do seu rival na final, o AD Miño, Gallamonde.

O conxunto pontés superou a primeira fase, encadrado no grupo de Narón O Freixo A, Rápido de Neda e Cebarca.
Xa nas semifinais deste sábado, o As Pontes vencía ó Cariño 1-5, mentres o que será seu rival, Miño, vencía 0-4 ó Perlío.

Pola súa banda tamén disputou o trofeo o equipo Cadete de Rubén Pardo, pero caeu na primeira fase no seu grupo que completaban o Meirás, Cariño e Cedeira, da que resultou vencedor o equipo de Valdoviño.
Non disputou o torneo o equipo xuvenil pola súa participación na fase de ascenso.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios