O PONTES ÁNTONIO POLO CAMPELLO, CAMPIÓN DE ESPAÑA EN SEVILLA

Tamén foi cuarto no K2 esta pasada fin de semana.

O sempiterno piragüista do Grupo Xuvenil As Pontes, Antonio Polo Campello, desprazouse a pasada fin de semana ata a capital sevillana para a disputa dos Campionatos de España de Inverno Máster.

Na categoría de 45-49 anos e sobre unha distancia de 5.000 metros resultou gañador, e xa van infinitas medallas de ouro, cun tempo de 22:10:80, apenas 48 milésimas máis rápido que o seu moitas veces compañeiro de fatigas, o viveirense Alberto Pigueiras (Urban Hotel) 22:11:28, e 84 sobre Ricardo Rodríguez (Durius Zamora), 22:11:64, nunha proba con ata 57 participantes.

A pesar de ir cara aos 47 animouse a participar en K2 no rango de 40-44 anos, proba na que xunto a Bruno Rodríguez foron cuartos por detrás da embarcación de Sevilla (Luis Castillo-Carlos Viñas), Ribadesella (Ramón Cerra-Javier Otero) e Urban Hotel (Francisco Vázquez-Alberto Pigueiras).

Foto cortesía Grupo Xuvenil. Nova cortesía XF.

También podría gustarte
Comentarios