O ALCALDE VALENTÍN GONZÁLEZ RECIBIU NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO Ó CLUB DEPORTIVO AS PONTES

Na tarde do mércores o alcalde pontés, Valentín González Formoso, recibiu no salón de plenos do concello ó plantel e directivos do Club Deportivo As Pontes, que hai dúas xornadas logrou o ascenso á Terceira División. Ademais do alcalde estaban presentes varios concelleiros do equipo de goberno e dos outros partidos políticos representados no concello.
Valentín González felicitou ó Club polo recente ascenso de categoría e enxalzou o traballo que se está realizando na entidade en canto ó deporte de base, pois aparte do primeiro equipo, hai doce máis dende prebenxamín a feminino con máis de 240 nenos e nenas practicando o fútbol ó longo de toda a temporada.
cd_aspontes_1.jpg


Na súa intervención o presidente do CD As Pontes, Xaime Castro, agradeceu o apoio que está a recibir por parte do concello e de diversas firmas da localidade. Finalmente o capitán do equipo, Rivas, en representación de todo o plantel, agradeceu a confianza que a directiva tivo co equipo, así como o apoio recibido por parte da afección pontesa, á cal adican este ascenso á Terceira División.
Ó remate do acto o alcalde entregou ó presidente do Club unha placa conmemorativa do ascenso e pola súa banda, Xaime Castro entregou a Valentín González unha camiseta do Club asinada por tódolos xogadores e un chaveiro conmemorativo do cincuentenario do Club a cada concelleiro da corporación municipal, pois este ano esta histórica sociedade pontesa celebra os seus cincuenta anos de ingreso na federación de fútbol. Posteriormente a celebración continuou nunha cea nun coñecido restaurante da localidade.
Por outra banda, sinalar que o vindeiro domingo (18,00) o As Pontes xoga o derradeiro partido da temporada no campo das Mariñas diante do Sporting Sada, equipo que ten moi poucas posibilidades para salvarse. Os ponteses tratarán de rematar a liga con bo sabor de boca logrando os tres puntos e esperar a que o Mesón do Bento non gañe ó Flavia para conseguir o título de liga.
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
cd_aspontes_1.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios