Amigus
As Pontes

O As Pontes acadou una victoria diante dun combativo adversario

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Diario de Ferrol. O CD As Pontes confirma a súa candidatura á praza de play-off de cuartos de grupo, ó dar un paso importante coa victoria onte diante da Sarriana.
Aínda sen facer un bo partido, os da casa si resolveron con practicidade un choque diante dun rival que demostrou por que é claramente candidato á perda da categoría. O encontro púxose moi axiña a prol dos de Amil, cun gol antes da media hora, que facía xustiza á maior claridade de ideas.


O partido semellaba resolto ó descanso, pero antes de que decorreran dez minutos dende a reanudación, Borjita aproveitou unha saida en falso de Javi para acurtar distancias.
Sen dúbida foi o día dos xuvenís, porque Carballeira anotaba o que é o seu segundo gol coa primeira plantilla para pechar o partido xa no desconto e dar os tres puntos ó seu equipo.
AS PONTES 3
SARRIANA 1
As Pontes: Javi, Rivas (Suso Peña, min. 46), Manel, Paz, Fontao, Dani (Alonso, min. 63), Hugo, Seco, Amado, Troncho (Carballeira, min. 69) e Víctor (Grueiro, min. 82).
Sarriana: Josiño, César, Víctor (Sito, min. 68), Míchel, Luis, Moncho (Manuel, min. 46), Raúl (Cholas, min. 46), Óscar, Roberto (Diego, min. 82), Isma e Borjita.
Árbitro: Vázquez García, de A Coruña. Amosou cartulina amarela polo equipo local a Míchel e a Víctor, en dúas ocasións.
Goles: 1-0 min. 25: Dani; 2-0 min. 33: Amado; 2-1 min. 54: Borjita; 3-1 min. 92: Carba.
Campo: O Poboado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios