O BAR DREAMS CAMPIÓN DO VIII TORNEO DE FÚTBOL-7 SENIOR ORGANIZADO POLO CD AS PONTES

O Bar Dreams, de As Pontes, alzouse co oitavo torneo de fútbol-7 senior organizado polo Club Deportivo As Pontes disputado ó longo desta fin de semana nas instalacións deportivas do campo do Poboado. En segunda posición quedou o Mesón Ana e na terceira posición clasificouse o Comercial Pereira, de Pontevedra. Nas dúas xornadas de competición fixo presenza e sol e rexistrouse unha boa asistencia de público.
VIII_Torneo_01.jpg


En semifinais o Bar Dreams derrotou a Comercial Pereira por 4-1, o mesmo resultado que se rexistrou na outra semifinal entre Mesón Ana e Os Rusos, de Lugo, e na final que enfrontou a Bar Dreams e Mesón Ana. Con anterioridade á final xogouse un partido de fútbol feminino entre dous equipos do CD As Pontes que rematou co resultado final de empate a un gol.
Ó final do torneo o presidente do CD As Pontes, Xaime Castro, e o vicepresidente, José Pena Corral, fixeron entrega dos premios ós tres primeiros clasificados. Sinalar que participaron 33 equipos en total procedentes de distintas localidades galegas, como Pontevedra, Lugo, A Coruña e Ferrol disputándose un total de 59 partidos.
FINAL DA COPA AFACO DE CATEGORÍA XUVENIL
Por outra banda, sinalar que a final da Copa AFACO (Asociación de Fútbol Afeccionado da Comarca) de categoría xuvenil, entre o NUMANCIA DE ARES e o CD AS PONTES, disputarase o vindeiro sábado 26 de xuño, a partir das cinco do serán (17,00) no campo da Piscina, de San Sadurniño.
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
VIII_Torneo_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios