Amigus
As Pontes

O CD AS PONTES XA SE PREPARA PARA A VINDEIRA TEMPORADA

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Ás oito do serán de onte o As Pontes iniciou os adestramentos de preparación para a vindeira temporada na Terceira División. Antes de comezar a preparación dirixiu unhas palabras o presidente da entidade, Xaime Castro, quen, na súa breve intervención, primeiramente deu a benvida ós novos e sinalou que no Club hai confianza no traballo e no esforzo do plantel e o corpo técnico para lograr manterse na categoría sen pasar os apuros da pasada campaña. Despois presentou un a un tódolos xogadores ó corpo técnico.
De seguido Manolo García, acompañado polo segundo, José Luis Fontao, o preparador físico, Adrián Boo e o preparador de porteiros, José Souto Momán, deron inicio ó primeiro adestramento.
Salientar que neste renovado Club Deportivo As Pontes son caras novas o gardameta Kiko, que volve ó equipo despois dunha temporada no Viveiro, os defensas Pablo Domínguez, procedente do Bergantiños, Jorge Nano, o medio David Piña e o dianteiro Eloy Díaz, os tres procedentes do Narón BP. Seguen da pasada temporada o porteiro Iván Parapar, os defensas Chote e Rochela, os centrocampistas Dani, Esmorís, Bossa, Cañizares e Dieguito e os atacantes David Amado, Iván González e Sergio Arias, que foi o último en decidirse pola renovación.
cdaspontes_01.jpg


En total son dezaseis no plantel, aínda que no Club non descartan a incorporación dun defensa central e un dianteiro. Realizarán a pretemporada co primeiro equipo Criado, Fernando, Púas, Carlos, Moya e Guille, do filial, os xuvenís Toti, Javi, Palas e Marcos Novo, ademais de Dani Rodríguez, que ven do Caranza e Termi, que chega ó cadro pontés logo de pasar polo Racing xuvenil.
O equipo adestrará xoves e venres pola tarde e o sábado pola mañá, descansando a xornada do domingo para disputar o primeiro partido amigable no seu campo do Poboado (19:00) nada máis e nada menos que contra o Club Deportivo Lugo, flamante novo equipo da Segunda División, na disputa da vixésimo primeira edición do Trofeo Vila de As Pontes. Tamén xogará amigables en Viveiro e Cedeira e comezará a copa Deputación o 5 de agosto nos oitavos de final contra o gañador das eliminatorias Imperátor-Laracha e Villestro-Dubra.
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
cdaspontes_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios