O CD AS PONTES XOGOU UN AMIGABLE DE FÚTBOL SALA NO CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO

Na mañá de onte mércores, 5 de xaneiro, parte do plantel do Club Deportivo As Pontes desprazouse ata ó centro penal de Teixeiro para disputar un encontro amigable de fútbol sala contra unha selección da liga do propio centro, actividade deportiva que se organiza de xeito periódico neste centro penitenciario de Teixeiro, situado no concello de Curtis.
O de menos foi o resultado final deste partido amigable, xa que, sen lugar a dúbida, o máis salientable foi o contacto e a relación dos internos cos compoñentes da delegación do Club Deportivo As Pontes, entidade que, de moi bo agrado, aceptou a invitación do director deportivo do centro.
A pista do polideportivo do centro estaba moi esvaradía e perigosa, polo que os ponteses non arriscaron en demasía para evitar algunha que outra lesión e ó final acabaron perdendo por un axustado 8-7, aínda que ó descanso o resultado era favorable o As Pontes por catro goles a un. No As Pontes xogaron os convocados por Alberto López, con Iván Parapar, como porteiro e en pista participaron Rochela, David Amado, Moncho, David Vidal, Diego Piñeiro, Hugo Soto, Boo, Bossa, Rivas, Carba e Juan.
Antes do inicio deste pouco habitual choque futbolístico, a delegación do Club pontés fixo entrega ó director deportivo do centro penal dunha equipación completa do CD As Pontes, ademais dunha camiseta oficial co logotipo do 50º aniversario do Club, un banderín e media ducia de balóns para a práctica de fútbol sala.
Teixeiro_1.jpg


Teixeiro_1.jpg
Teixeiro_1.jpg
Teixeiro_1.jpg
Nova cortesía de AF e fotografías cortesía de Pena

También podría gustarte
Comentarios