O Centro de Desenvolvemento Rural EuroEume acaba de facer a sua páxina Web

Preténdese que sexa unha páxina útil para os socios e veciños dos nove concellos ámbito de EuroEume, así pódese consultar a través das distintas seccións información sobre os concellos do territorio, o propio territorio (datos socioeconómicos, medio físico, patrimonio, As Fragas), a Asc. EuroEume (obxectivos, socios, organigrama), información turística (a través de EumeTurismo) datos sobre aloxamentos, restauración , actividades, rutas, etc.

euroeume.jpg


Manten a dirección de www.euroeume.org. A páxina está realizada pola empresa Novaimaxe.
Tamén se poden consulta-los proxectos realizados o abeiro do programa Proder, os que se están a facer no Leader + e os resultados do Plan Estratéxico do territorio e outros programas nos que se está a traballar como o Enea ou Maiores.
Descargar archivos como é :
– A información para solicitar as axudas ó Leader +
– O propio Plan Estratexico do territorio
– A documentación necesaria para solicitara a adesión a EuroEume como socio
– E outra documentación relativas as axudas e criterios de aplicción do Leader +
Ademais de ver os boletins informativos publicados pola asociación, a relación de artesans do territorio e enlaces a outras páxinas web de interés.
Na sección de NOVAS cólganse periodicamente ofertas de emprego, fundamentalmente do territorio e o do entorno, concursos e licitacións da propia EuroEume así como outras novas relacionadas coa entidade que iranse incorporando.
Por último xa está operativo o FORO de discusión que pretende ser un espacio de diálogo entorno a temas de interese para o territorio…….., no que se incluirán propostas de debate como as xurdidas das mesas sectoriais ou de calquer persoa. Proximamente se habilitará unha sección de postais onde se recollerán unha serie de imaxenes sobre o territorio.
Cortesía da Asociación Euroeume

También podría gustarte
Comentarios