O CLUB DEPORTIVO AS PONTES INICIOU ONTE A SÚA PREPARACIÓN

Na tarde de onte o Club Deportivo iniciou a pretempada 2014/15 coa presentación oficial do seu plantel e o corpo técnico por parte de Xaime Castro, presidente do Club, quen primeiro agradeceu ós xogadores que continúan pola confianza depositada no Club ó renovar por un ano máis no equipo e deu a benvida ós novos que chegan.
A todos, Xaime Castro pediulles a máxima adicación ó Club, que un ano máis márcase como obxectivo principal consolidarse na súa categoría natural, a Terceira División, e na que tan boas campañas vén realizando nos últimos anos, principalmente na pasada, na que estivo a piques de xogar a promoción.
Despois presentou ós xogadores o novo adestrador, Iván Rodríguez, quen, trala marcha de Manolo García ó Racing de Ferrol, sube do segundo equipo ó de Terceira. O resto do corpo segue a ser o mesmo có da pasada tempada, con Fontao, como segundo adestrador, Adrián Vázquez, preparador físico, e Momán e Expósito como preparadores de porteiros.
Logo o novo técnico mantivo unha charla cos xogadores e deu comezo o primeiro adestramento, ó que non asistiu o capitán Bossa, que tiña permiso do Club.
cdaspontes_0001.jpg


O plantel do CD As Pontes 2014/15 está formado por dezanove xogadores. Os porteiros, Marcos Bouza, Adrián Laureda (que vén do Compostela) e Rafita Alonso (procedente do Perlío); os defensas Chote, Rochela, Jorge Nano, Pablo Domínguez, Hugo e Álex Cabarcos; os centrocampistas Dani, Bossa, Chicho, Aitor Díaz e Diego Chis (procedente do Galicia de Mugardos), e os dianteiros David Amado, Iván González, Sergio Arias, Santi e Javi, que sube do segundo equipo.
Tamén realizarán a pretempada co primeiro equipo Christian, Sergio Criado, Marcos Novo, Totti e Juan, xogadores do equipo B, e os xuvenís Ros, Toni e Moi.
O primeiro compromiso do As Pontes será na 23ª edición do trofeo Vila de As Pontes nun triangular que completan o Racing de Ferrol e o Somozas, flamante novo equipo de Segunda B. Despois comezará a súa participación na copa Deputación o 3 de agosto fronte ó vencedor da eliminatoria Maniños-Miño/Galicia de Mugardos.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios