O Clube de Rugby Fendetestas organiza unha xornada de convivencia e rugby para os nenos

O Clube de Rugby Fendetestas organiza unha xornada de convivencia e rugby para os nenos saharahuis que pasan este verán na vila, dentro do programa Vacacións en paz.
O domingo 23, ás cinco da tarde, e no campo de Monte Medulio, este grupo de sete rapaces e rapazas, terán a posibilidade de participar dunha xornada de xogos co balón oval como protagonista.
rugby.jpg


Ademais compartirán a tarde cos máis novos xogadores que se estiveron a incorporar ás actividades de iniciación que desenvolveu o clube pontés no tramo final da pasada tempada.
Esta xornada de convivencia deportiva está aberta a tódolos nenos e nenas que queiran participar, e terá carácter gratuito.
Para o grupo de saharahuis, será unha ocasión de coñecer un novo deporte, que poderán seguir practicando cando volvan á casa pois o clube anfitrión faralles unha doazón de material para que podan amosalo ós seus amios e amiasnos campos de Tinduf, de onde proceden.
Canto ós xogadores do clube, agárdase a implicación de todos os que podan pasarse a colaborar nunha tarde que está enmarcada na presenza social que o clube ten como un dos obexctivos par esta tempada de cumpreanos.
Nova cortesía de Xosé Cendán

También podría gustarte
Comentarios