O dominio do As Pontes non serviu para vencer na casa

[Diario de Ferrol, por Xosé Cendán] O Vizoño saíuse coa súa, e non lle resultou moi complicado manter o marcador inamovible e levarse un punto, para eles moi importante. Os visitantes cederon o balón ós locais, e prantaron as súas liñas moi xuntas só uns metros por diante da área propia. Sacaron partido na lentitude na circulación dos ponteses, que sufriron máis o estado no que quedou o campo, coa moita chuvia caida.


O dominio infructuoso dos de Amil non lles servíu para abrir a lata, e case non se se poideron disfrutar de ocasións no que foi un partido moi aburrido. Apenas se podemos rescatar un testarazo de Peña no 73 que se foi fóra por pouco, e un tiro de Canosa no 83.
Logo de dous choques consecutivos como locais, a priori asequibles, os azuis suman tan só dous puntos, que de pouco lles serven para o seu obxectivo de estar arriba na táboa.. De calquera xeito, pouca bagaxe para os mercementos ofensivos de ámbalas dúas escadras.

También podría gustarte
Comentarios