O ESTEO GAÑA POR PARTIDA DOBRE Ó GUITIRIZ

Este mércores o Esteo Fútbol Sala enfrontouse ó Guitiriz FS en categoría senior e xuvenil, gañando os dous enfrontamentos, encontros disputados no pavillón municipal da Fraga, con escasa afluencia de afeccionados, apenas uns cen espectadores nas gradas.
esteo_0001.jpg


ESTEO XUVENIL – GUITIRIZ XUVENIL (3-2)
Primeiro enfrontáronse os equipos xuvenís dos dous clubs, partido que rematou coa axustada vitoria dos ponteses por 3-2, que xa gañaban ó descanso por un gol a cero, tanto marcado por Jacobo. Na segunda parte igualaron os visitantes e incluso puxéronse por diante no marcador con goles de Oki. Os ponteses reaccionaron e dous tantos de Pablo déronlle a vitoria final nun partido que estivo moi igualado e no que se notou a inexperiencia dos ponteses xogar en pista, xa que todos proceden do fútbol campo.
ESTEO XUVENIL: Iago, Vérez, Jacobo, Pablo, Santi –cinco inicial- Rouco, David, Valente, Mica, Picos, Andrés e Kevin.
GUITIRIZ XUVENIL: Nimbos, Sandro, Oki, Ramón, Sito –cinco inicial- Adrián, Calos, Michi, Esteban, David e Ramiro.
ÁRBITROS: Amor Vizoso, Martín Vez e Prados Caamaño (mesa), da delegación de Ferrol.
GOLES: Min. 11 (1-0), Jacobo. Min. 29 (1-1), Oki. Min. 30 (1-2), Oki. Min. 31 (2-2), Pablo. Min. 34 (3-2), Pablo.
ESTEO F.S. – GUITIRIZ F.S. (6-1)
Despois do encontro dos xuvenís saltaron á pista os equipos titulares do Esteo e Guitiriz, conxunto da liga galega. O partido comezou con igualdade e con ocasións para os dous equipos, aínda que cun lixeiro dominio dos locais, que lograron o primeiro gol ós dez minutos de xogo por obra de Rubi, marcando o 2-0 Diego a falta dun minuto para o descanso. A segunda parte foi de total dominio dos ponteses, que marcaron catro goles máis (Diego, Pelu, Fran e Rubi) mentres que os visitantes marcaron o tanto da honra a falta de dezaoito segundos para o final con gol de Jesús.
ESTEO FS: Iván, Pelu, Pellón, Bolly, Fran –cinco inicial- Gerveno, Rubi, Diego e Choto.
GUITIRIZ FS: José, Jacobo, Martín, Diego, Jesús –cinco inicial- Novo, Rodrigo, Piti e Alberto.
ÁRBITROS: Pena Pereira (Ferrol), Rivas Fouz (Viveiro) e Mogo Torrado (mesa, Viveiro).
GOLES: Min. 10 (1-0), Rubi. Min. 19 (2-0), Diego. Min. 25 (3-0), Diego. Min. 27 (4-0), Pelu. Min. 33 (5-0), Fran. Min. 34 (6-0), Rubi. Min. 40 (6-1), Jesús.
O VENRES 7 PRESENTACIÓN OFICIAL ANTE O CIDADE DE NARÓN
Este venres 7 será a presentación oficial do Esteo ante os seus afeccionados nun partido amigable diante do Cidade de Narón, equipo da Segunda B, que comezará ás 21,15 horas no pavillón municipal da Fraga e no que estará todo o plantel do primeiro equipo que un ano máis militará na Terceira División co obxectivo do título de liga e o ascenso á Segunda División B.
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios