O ESTEO XOGARÁ UN ANO MÁIS NA PRIMEIRA NACIONAL B

Comeza a pretemporada o vindeiro 16 de agosto
O conxunto pontés do Esteo FS continuará unha temporada máis na Primeira Nacional B, logo de que a posibilidade de ascender á Primeira A, como mellor segundo clasificado, se desvanecera trala renuncia do Parrulo a xogar o ascenso á División de Prata e ós descensos desta categoría do Avilés e o RAM León.
O presidente do Club, Francisco Fernández, non oculta a súa decepción por non poder ascender despois da gran temporada realizada: “Para esta temporada a nosa única meta é ascender á Primeira A, o que sería moi bo para os xogadores e a afección, posto que sería un fútbol sala de máis nivel e tamén novos rivais. Levamos seis anos en Primeira B e en tres acariciamos o ascenso”. Fernández recalca que “este ano imos facelo posible para lograr o ascenso e para que As Pontes volva a ser unha referencia no fútbol sala galego e estatal como o foi durante moitos anos”.
En canto ó plantel, que comezará a pretemporada o vindeiro 16 de agosto, poucas novidades hai en relación á pasada liga, xa que as únicas baixas son as de Jaime, que se retira, e Juan, que veu a reforzar ó equipo na segunda volta debido ás numerosas lesións. Son altas Santi e Pelu, que proceden do fútbol campo.
O-Esteo-2009-10.jpg


O plantel queda conformado polos porteiros Javichu, Ito e Iván, e os xogadores de pista Fran, Pellón, Anxo, Gerardo, Diego, David, Santi, Pelu, Noé, Rubi e Roi. Pellón e Diego Paz repiten por terceiro ano como adestradores do primeiro equipo, xa que ademais o Club contará cun equipo filial que participará na liga local das Pontes.
O Club pontés manexa un presuposto duns 30.000 euros, en gran parte cuberto pola axuda do Concello. O presidente da entidade sinala que “necesitaríamos un patrocinador que nos axudara economicamente, pero polo de momento non aparece. O noso gran mérito está en que temos un equipo coa maioría dos xogadores da casa e contamos cunha gran afección que cada sábado enche o pavillón da Fraga, pois a media dos partidos está entre 200 e 300 espectadores, que é moito dicir no fútbol sala actual”.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios