O futbolista pontés Enrique Fornos convocado para os adestramentos da selección galega cadete

O futbolista do Deportivo da Coruña Enrique Fornos foi convocado por segunda vez coma o resto dos seus compañeiros pola selección galega cadete para uns adestramentos de preparación de cara á participación da selección galega no Campionato de España “Copa Coca Cola”.
Esta competición, que se estrea este ano terá seis grupos, Galicia xogará no Grupo A en Asturias, contra a selección local e Cantabria. No grupo B estarán Madrid, Canarias e Baleares, no C Andalucía, Extremadura, Ceuta e Melilla, no grupo D, Comunidade Valenciana, Murcia e Castela A Mancha, no Grupo E Aragón, Cataluña, Navarra e no Grupo F Castela León, País Vasco e A Rioxa.


Esta primeira fase disputarase na fin de semana do 15-16 de xuño e a segunda fase, a definitiva, en Las Rozas, reunirá ós 8 mellores equipos, deducimos que ós 6 campións de cada grupo máis os dous mellores segundos entre o 22 e 23 de Xuño.
Para elo o seleccionador galego deberá facer a convocatoria definitiva pois agora mesmo dispón de 28 xogadores dos que terá que escoller ós 18 que representarán a Galicia ma Copa Copa Cola.
O adestramento levaráse a cabo no Campo de As Cancelas, sito en Santiago, ás 16:15. Xa houbo outro adestramento no mesmo lugar o día 28 de Maio.
Os convocados son:
RC Celta de Vigo: Rubén García, Hugo Pintos, Diego Alende, Pape Diop, Borja González, Pablo Fernández.
RC Deportivo de A Coruña: Hugo Díaz, Aarón Sánchez, Alberto Leira, Pablo cacharrón, Jose Moure, Enrique Fornos.
ED Val Miñor: Roberto Doncel, Eloy Rollán, Gabriel Domínguez
Coruxo FC: Ángel Expósito, Daniel.
CD Areosa: Martín Fuentes, Antón Alonso.
Pavillón Ourense: Saúl González, David Nespereira
Ponte Ourense: Adrián Blanco, David Peiteado.
CD Lugo: Edgar Redondo
Pontevedra CF: Jose Filgueira
CD Conxo: Brais Ageitos
CD Lérez: Iago Martínez
Arousa SC: Jorge Fontán
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios