O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas opina sobre Kioto

O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas envíanos isto:
Dende a nosa organización ecoloxista e como ponteses queremos expresar a nosa opinion sobre os escepcionais acontecementos que estan a suceder na vila de As Pontes…


O Grupo Ecoloxista Guerrilleiros das Fragas apoia a reducción das emisións de CO2 da Central Térmica de As Pontes

Xa naide duda que o cambio climático producido polo efecto invernadoiro é un dos maiores problemas ambientais os que nos enfrontamos, a influencia humana sobre o clima é evidente debido o aumento de emisións de CO2 antropoxénicas. Sequias prolongadas, fortes inundacións, olas de calor contaminación do aire…son algunhas das consecuencias do actual modelo enerxético baseado na queima de combustibles fósiles, que emiten oredor do 30 % do CO2 total español. En consecuencia temos que abandonar as enerxías sucias e incrementar dunha forma racional a participación das renovables, asi como promover o aforro e a mellora da eficiencia enerxética.
Cremos que é inaceptable defender o dereito de Galiza a emitir máis CO2 cando o 40% da producción eléctrica é exportada e contamos coas industrias máis contaminantes. A Central Térmica de As Pontes con emisións de 10,4 millóns de toneladas de CO2 o ano e o maior foco de gases contaminantes do estado español.
O Plan Nacional de Asignacións ven a poñer en práctica o Protocolo de Kyoto, tratado internacional acordado no 1997, e que establece unha reducción nos países desenrolados do 5,2 % de emisións dos 6 gases de efecto invernadoiro (o CO2 e o maioritario) ata o 2012 respecto o 1990.
Neste Plan de Asignacións a Térmica de As Pontes ten que reducir as emisións ata os 7,8 millóns de toneladas de CO2, unha cifra que moitos con intencións máis ou menos partidarias considera abusiva ou discriminatoria, parecen non saber que térmicas como Compostilla (León), Teruel (Aragón), ou Meirama teñen que facer fronte a reduccións similares ou superiores. Certo é que ás centrais de ciclo combinado non se lles esixe un esforzo similar, pero parece comprensible quen ten que facer unha maior reducción, se temos en conta a maior eficiencia destas con respecto as térmicas e que emiten sobre 1,5 millóns de toneladas de CO2 chegando as térmicas a 10 millóns. Non se trata entendemos pois, unicamente de decisións políticas senón técnicas para acadar unha reducción no CO2 e no quentamento global do planeta.
Comentase o posible peche da central. Preocupados por tal afirmación como non podería ser de outro modo, buscamos situacións similares que nos dean unha idea do que pode facer a empresa. Pois atopamos que a Directiva 2001/80/CE sobre Limitación de Emisións en Grandes instalacións de Combustión, limita para o 2008 as emisións de SO2 en 400 mg/m3N cando as emisións da central son da orde de 8.000 mg/m3N ( iso si que é unha drástica reducción ).A empresa afronta a reducción segun ela mesma expresa no “Proyecto de adaptación de la central a carbón importado”, investindo 274 millos de euros na modificación das caldeiras para usar carbón importado. Se non cerraron e afrontaron a reducción de SO2 sería lóxico esixir que tamén afronte a reducción de CO2 coa implantación de tecnoloxías “limpas” dispoñibles actualmente como a combustión en lecho fluído, a gasificación integrada do carbón…e non manifestarnos para que a destrucción xerada pola central paguémola todos e todas nos.

También podría gustarte
Comentarios