O liceo recreativo e artistico conmemora o dia das letras galegas con diversos actos festivos

[aspontes.com] O Liceo recreativo e artístico vai ser fidel un ano máis á súa cita coa celebración das Letras galegas, na que manteñen a tradición avalada por ter sido pioneiros nos actos festivos conmemorativos desta data.


Este venres, ás sete da tarde, teñen convocado un acto no que os protagonistas serán os nenos, coa lectura de textos en galego, tanto propios como de autores coñecidos.
A directiva do Liceo obsequiará a tódolos participantes, dos que xa están confirmadas unha representación de Santa Mª, e outra da Magdalena, con vales canxeables por material escolar.
Logo tamén lerán algúns poemas os integrantes do grupo poético Alalá, e
actuará a Rondalla Vila de As Pontes.
Para pechar o acto compartiranse uns pinchos entre tódolos asistentes.
Con esta cita, son 3 as que teremos no noso pobo para celebrar este día.
O mesmo venres, ás oito, no Auditorio Municipal, farase a entrega dos premios do II certame Boliqueiras, que organiza a MNL.
E o periódico Pegadas tamén entrega os premios o día 22 do seu primeiro certame de relatos. O día 19 reúnese aínda o xurado, polo que haberá que agardar ata o venres 22.

También podría gustarte
Comentarios