O LUGO GAÑA O VILA DAS PONTES Ó IMPOÑERSE A UN CUMPRIDOR CD AS PONTES (0-2)

O Lugo, flamante novo equipo da Segunda División A, impúxose onte no Poboado ó Club Deportivo As Pontes polo resultado de 0-2, nun partido típico de inicio de pretemporada que non tivo un fútbol brillante pero si momentos de bo xogo por parte dos dous equipos, a pesar de que tan só levan catro días de preparación de cara a vindeira temporada, na que o Lugo militará na Segunda División A por segunda vez na súa historia e o As Pontes a súa terceira temporada consecutiva na Terceira División. Tanto Quique Setién coma Manolo García, os dous adestradores, deron minutos de xogo a tódolos convocados.
O As Pontes cumpriu ben ante un rival de superior categoría e estivo a piques de adiantarse no marcador no minuto cinco grazas a unha xogada de Sergio Arias, pero o seu forte disparo enviouno a córner o meta Diego Rivas. Logo viñeron dúas ocasións para o Lugo por mediación de Tonetto. Sergio Arias volveu a ter outra ocasión, sen embargo cando o primeiro tempo estaba a punto de rematar chegou o primeiro tanto do partido nunha mala saída do meta Iván Parapar que aproveitou Berodia para establecer de cabeza o 0-1.
Na segunda parte seguiu dominando o Lugo e ós quince minutos o gardameta pontés Kiko non atalla ben un manso balón centrado por Alberto que aproveita Santi para establecer o 0-2. Posteriormente o pontés Fernando estivo a piques de reducir diferenzas pero o seu potente disparo atallouno ben o exceltista Yoel. Ó final, vitoria moi traballada do Lugo ante un As Pontes que non defraudou á súa parroquia.
VILA DAS PONTES


FICHA TÉNICA:
CD AS PONTES: Iván Parapar, Termi, Pablo, Rochela, Chote, Esmorís, Guille, Cañizares, Iván González, Sergio Arias e Marcos Novo. Logo entraron Kiko, Javi, Nano, Dieguito, David Amado, Eloy, Dani, Bossa, Fernando, Moya e Dani Rodríguez.
CD LUGO: Diego Rivas, Fran, Ziko, Víctor Marco, Álvaro, Seoane, Adil, Rubén Durán, Berodia, Tonetto e Fran Sol. Posteriormente saíron Yoel, Galindo, Manu, Belforti, Fuster, Pita, Alberto Suárez, Pablo Álvarez, Iván Pérez, Iago, Santi, Mauro e Samuel.
GOLES: Minuto 44 (0-1), Berodia. Minuto 60 (0-2), Santi.
ÁRBITRO: Formoso Sánchez, asistido de Veiga López e Iglesias Villanueva, da delegación de Ferrol. Sen amoestacións.
INCIDENCIAS: Tarde soleada, aínda que cun pouco de vento. Ambiente de gala no campo de deportes do Poboado, que rexistrou unha excelente entrada de afeccionados, máis de 500 espectadores, con gran presenza de seguidores lugueses, incluídos os seus seareiros das Brigadas Lucenses, que ó longo dos noventa minutos animaron ó seu equipo e incluso ó As Pontes. Antes, durante e ó final do encontro reinou un ambiente de amizade e cordialidade entre ponteses e lugueses e ó remate retratos cos ídolos, en especial Quique Setién, persoa afable moi querida e apreciada por estas terras, que levou ó Lugo á Segunda División A. O capitán do As Pontes, Rochela, recibiu o trofeo de subcampión de mans do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e Manu, capitán do Lugo, recibiu o de campión, que lle entregou o alcalde pontés, Valentín González Formoso.
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
VILA DAS PONTES
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios