O palista pontés Borja Prieto competirá nos Xogos do Mediterráneo

O palista Borja Prieto Valera foi convocado pola Federación Española de Piraguismo para competir nos Xogos do Mediterráneo que se disputarán na localidade italiana de Pescara os días 2 e 3 de Xullo. Competirá na proba de K2 500 metros xunto a Pablo Andrés.

Borja-Prieto.jpg


As posibilidades de medalla do equipo español son moitas xa que conta, entre outros, cos campións olímpicos Carlos Pérez e Saúl Craviotto (o ilerdense xa fora campión de Europa sub23 con Borja en 2004), o tricampeón mundial junior, o palentino Diego Cosgaya, a cuádruple campiona do mundo Teresa Portela, o doble campión mundial de maratón Emilio Merchán, o subcampión de Europa Javier Hernanz, ou as medallistas en Mundiais e Europeos, a asturiana Jana Smidakova e a galega Isabel García. A tricampeona mundial, a andaluza Beatriz Manchón, os seus 33 anos, tamén intentará deixar unha boa imaxe nunha das súas últimas competicións.
Esta será a decimosexta edición dos Xogos do Mediterráneo, que se iniciaron en Alexandría 1951, Barcelona en 1955 e Almería en 2005 foron as cidades españolas que organizaron esta competición que conta coas mesmas probas que os Xogos Olímpicos de Verán, e que reúne a 23 paises, Andorra, Albania, Bosnia Herzegovina, Chipre, Croacia, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Italia, Malta, Mónaco, Montenegro, San Marino, Serbia, Turquía (Europa), Arxelia, Exipto, Libia, Marrocos, Túnez (África), Líbano e Siria (Asia).
Os convocados son:
K-1 MASCULINO 1000 METROS DIEGO COSGAYA
K-1 MASCULINO 1000 METROS EMILIO MERCHÁN
K-1 MASCULINO 500 METROS FRANCISCO LLERA
K-1 MASCULINO 500 METROS EKAITZ SAIES
K-1 FEMENINO 1000 METROS JANA SMIDAKOVA
K-1 FEMENINO 1000 METROS Mª ISABEL GARCÍA
K-1 FEMENINO 500 METROS TERESA PORTELA
K-1 FEMENINO 500 METROS BEATRIZ MANCHÓN
K-2 MASCULINO 1000 METROS JAVIER HERNÁNZ/EMILIO LLAMEDO
K-2 MASCULINO 1000 METROS RODRIGO GERMADE/IÑIGO PEÑA
K-2 MASCULINO 500 METROS SAUL CRAVIOTTO/CARLOS PÉREZ
K-2 MASCULINO 500 METROS PABLO ANDRÉS/BORJA PRIETO
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios