O riso de Cristo, eixo dunha mostra en Compostela

Lendo elcorreogallego.es:
“A igrexa de San Martiño Pinario foi o marco elixido para acoller, a partir de hoxe [o día 2], a exposición que leva por título O Christo que ri. O acto inaugural desenvolverase ás doce do mediodía e nel estarán presentes o director da Asociación Europea de Artistas Plásticos, Dieter Alexander Boeminghaus, e a pintora Marie Madelaine Bellenger, dous dos principais artífices deste proxecto.”…


…”A exposición está constituída por vinteseis obras de diferentes pintores e escultores europeos e todas elas poñen o seu acento na idea da crucifixión de Cristo como imaxe de salvación. Desde a sempre acollida figuración ata a tantas veces incomprendida abstración, cada un dos artistas tenta transmitirlle ó espectador unha idea que ó longo da historia do cristianismo se representou, a maioría das veces, a través de imaxes cheas de dor e sufrimento.
É posible que a contemplación destas obras provoque na xente un rexeitamento inicial pero, en palabras de Marie Bellenger: “O primeiro que ten que haber é un punto de encontro, non importa que sexa un choque porque do que se trata é de que a xente reaccione e comece a pensar por si mesma e, así, poder ser quen de se liberar duns estereotipos predestinados por unha Igrexa que sempre relacionou a dor co pecado”.
Alexander Boenminghaus, que cre no poder da imaxe ó asegurar que “unha imaxe pode marcar nun determinado momento a vida dunha persoa”, ten a esperanza de que calquera neno que vaia ver a exposición sexa capaz de quedar coa cara positiva desa crucifixión.”
Fonte: elcorreogallego.es”

También podría gustarte
Comentarios