O virus Gibe empeza a propagarse

Lendo Hispasec.com:
“Swen ou Gibe, nomes co que foi bautizado polas casas antivirus, irrumpeu con forza nas últimas horas. Hispasec sitúao nestos momentos coma o berme con maiores índices de propagación. Entre outras vías de infección, destaca as mensaxes que envía simulando proceder dun servico de Microsoft, onde informa ó usuario de que debe instala-lo executable que adxunta (o berme) para protexe-lo seu sistema contra as últimas amenzas de seguridade.”…


…”Swen está desenvolvido en Microsoft Visual C++, ten un tamaño de 105KB, e afecta ós sistemas Windows. Usuarios, profesionais, e entornos que utilicen outros sistemas operativos, coma Linux ou MacOS, están fora de perigo.
O primeiro que destaca de Swen é o cuidado formato da mensaxe onde simula un envío de Microsoft, que sen dúbida está logrando engañar a moitos usuarios. Dende as direccións de remite, con nomes coma MS Techincal Assistance ou Microsoft Internet Security Section, ata o corpo da mensaxe en formato HTML co mesmo aspecto que a páxina web de Microsoft, incluido logotipos. O texto tamén aparece moi cuidade e ben formateado, con referencias ás versións de Internet Explorer e Outlook Express que supostamente o parche corrixe, así coma ligazóns a direccións reais da web de Microsoft.
É sen dúbida este aspecto do berme o que está logrando engañar a moitos usuarios, que rematan instalando o executable que adxunta provocando en realidade a infección dos seus sistemas.”
Fonte: hispasec.com

También podría gustarte
Comentarios