O Xermade FS proclamouse vencedor do trofeo Festas do Carme 2009 ó gañar o FS As Pontes por dous goles a cero. O conxunto de Xermade foi superior ó pontés, equipo no que participaron algunhas xogadoras do CD As Pontes, acostumadas a fútbol campo, feito que lles dificultou adaptarse ó xogo de pista, todo o contrario das xermadesas, que habitualmente participan na liga provincial de fútbol sala. Esa diferenza foi determinante para gañar o encontro.
Por parte das pontesas xogaron Leti, Emma, Clara, Laura, Candela, Jani e Silvia. Polo Xermade FS participaron Laura, Susana, Lorena, Tania, Jesica, Yolanda, Pili, Tucha e Mika. Tania e Mika marcaron os goles do conxunto lugués.
En canto o maratón masculino Festas do Carme 2009, sinalar que proclamouse campión o Café do Alto-Esogal, de Narón, que venceu na final ó tamén equipo naronés, Pub Silver. Nesta edición participaron 24 equipos de diversas localidades e os partidos disputáronse no polideportivo da Magdalena. O torneo foi organizado polo Esteo FS baixo o patrocinio do concello das Pontes.
Nova cortesía de A.F.