O XXI Trofeo Sílex queda na casa da man de Miguel Alvariño

Cun total de 44 participantes comezaba o sábado pasado a vixésimo primeira edición do Trofeo Sílex de tiro con arco na localidade de As Pontes. O tempo ameazou con pasar por auga o campeonato pero ao final a tarde foi bastante apacible para a práctica deste deporte.
Houbo 3 categorías que puideron disputar trofeo por ter máis de 5 participantes inscritos, que foron a de Arco Composto Home; e as dúas que na gran final loitan polo definitivo Trofeo Sílex, Arco Recurvo Muller e Arco Recurvo Home.
Despois da clasificatoria de 72 flechas, cada categoría á distancia que establece o reglamento, en arco composto sénior home catro foron os arqueiros que desputaron as eliminatorias polo trofeo da categoría dende semifináis. O podio final estivo composto por Guillermo Rodríguez de Arco Ferrol (campión), Arturo Salvador de ArcoBarco (subcampión), e Ruben Porto de Meigarco (terceiro clasificado), sendo o cuarto clasificado Antonio Martínez do Sporting Club Casino da Coruña.
silex_001.jpg


Na categoría de arco recurvo sénior muller tamén pasaban catro arqueiras á tanda de eliminatorias.
Despois de desputalas Jennifer Bartucca de Arco Ferrol proclamábase campiona e finalista para desputar o Trofeo Sílex ao vencer a Noelia Pena de Arqueiros de Cambre (subcampiona), terceira clasificada foi Mª Luisa Fernández de AresArco e cuarta Isabel Vila do CELTA.
En arco recurvo sénior home foi onde máis participantes houbo, un total de 23, dos cales catro eran do Clube Sílex. Ao finalizar a clasificatoria, no máis alto da táboa, atopábanse tres destes arqueiros Miguel Alvariño (598 ptos), Xaquín Mira (593 ptos) e Carlos Romero (588 ptos). Con este número de participantes as normas establecían que as eliminatorias comezarían en cuartos de final. Na primeira ronda foron quen de gañar Miguel Alvariño e Iván Castro, Carlos Romero e Jaime Santamaría, quedando emparexados nas semifináis por esta orde. Coa seriedade de toda a tarde Miguel Alvariño venceu na súa a Iván Castro, e Carlos Romero tívoo máis complicado para vencer a Jaime Santamaría.
Polo que a final decidiría cal dos arqueiros do Sílex sería o vencedor da categoría. Nesta final Miguel endosoulle un 6-2 a Carlos de maneira incontestable. Campión Miguel Alvariño do Sílex, subcampión Carlos Romero tamén do Sílex, o terceiro posto foi para Iván Castro de Arco Ferrol e o cuarto para Jaime Santamaría do Lucus Augusti.
Xa tiñamos a arqueira e o arqueiro que desputarían a final por proclamarse Campión/a do XXI Trofeo Sílex: Jennifer Bartucca e Miguel Alvariño. As cousas comezaron de cara para o local, gañando o primeiro set, no segundo Jennifer empatou a contenda a 2 puntos. Pero nos seguintes sets Miguel non dou opcións a erros e gañou ata poñerse 6-2 e acadar así que o Trofeo Sílex non marchara lonxe de As Pontes.
silex_002.jpg
silex_003.jpg
silex_004.jpg
silex_005.jpg

También podría gustarte
Comentarios