Amigus
As Pontes

Obradoiro de modelado e impresión 3D

O 25 e 26 de agosto en Amigus Labs, Praza do Hospital 14, As Pontes. Organizado por EuroEume e a Asociación Informática Amigus.

Este curso de Introdución á impresión 3D oriéntase a principiantes que non están familiarizados coa Impresión 3D, e/ou estudantes que queren introducirse nesta tecnoloxía. Propoñémonos atopar metodoloxías que potencien nas nenas e nenos as capacidades reflexivas, críticas e creativas, co obxectivo de que desfruten da tecnoloxía en familia de forma lúdica, fornecendo a súa vez o vínculo familiar.

– Iniciación ao deseño 3D con Tinkercad.
– Modelado da súa propia peza 3D.
– Iniciación á Impresión 3D.
– Do diseño á peza impresa.
– Laminar as pezas para imprimilas con Cura.
– Problemas de impresión 3D.

Durante o obradoiro haberá na aula varias impresoras de deposición de plástico como ferramenta de aprendizaxe e como ferramenta de fabricación das pezas que sexa preciso/posible no tempo do obradoiro.

O curso é gratuíto, dado que é unha actividade enmarcada no Programa O Noso Espazo, da Asociación Euroeume, financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF

As inscricións formalizaranse por orde de rexistro na web de http://www.amiguslabs.org/.

También podría gustarte
Comentarios