RESULTADOS DO CLUBE GRUPO XUVENIL NA REGATA PROVINCIAL CIRCUITO DIPUTACION DA CORUÑA

O pasado sábado disputouse na Praia Fluvial de Tapia no río Tambre a quinta regata provincial do 1º circuito diputación da Coruña, na que participaron cerca de 400 palistas das categorías prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes. O baixo nivel do río condicionou moito o desenrolo da regata.

O clube pontés desprazou a 13 padexeir@s , e estes foron os seus resultados:

  • Na categoría home prebenxamín, Javier Filgueira Fernández acadou o 10º lugar
  • Na categorñia home alevín B, Daniel Ferro Franco acadou a 5ª plaza, Enos Prieto Permuy acadou o 9º posto e Xoel Timiraos Picos despois dunha caída nunha accidentada saida acadou o 13º lugar.
  • Na categoría home alevín A, Xalo Romero Valle acadou o primeiro lugar, Xalo Cascudo Montes chegou no segundo lugar e Mario Gabeiras Carballeira acadou o 14º posto.
  • Na categoría home Infantil B, Omar Penabad Galdo acadou chegar en 5º lugar, Adrián Filgueira Fernández acadou o 10º posto e Bruno Tojeiro Asenjo despois de unha caída chegou no 27º lugar.
  • Na categoría muller infantil A, Carmen Alén Bellas acadou o 4º lugar e Antía García Pico chegou no 6º lugar.
  • Na categoría home infantil A, David Prieto Pena acadou o 10º lugar.

Na clasificación final por clubes o Grupo Xuvenil acadou o 9º posto.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios