OS CAMPIÓNS DE ESPAÑA PONTESES DA PIRAGUA

Os deportes da piragua achegaron máis de 30 Campións de España de As Pontes

A raíz da consecución do Campionato de España de Kaiak Polo por Autonomías por parte de Yanaisa Fraga hai unhas semanas, quixemos poñer de relevo a gran cantidade de deportistas ponteses que gañaron algunha vez un ouro estatal nalgún deporte practicado enriba dunha piragua.

O piragüismo é seguramente a especialidade máis prolífica do deporte pontés. Do Grupo Xuvenil Endesa xurdiron deportistas cun gran palmarés, comezando polo malogrado Jose Ramón Corral, que ademáis de competir en tres Mundiais coa Selección Española, chegou a gañar o Descenso do Sella (o único galego en conseguilo en K1 Sénior, ademáis do gran Misioné), fito que tamén lograrían Obdulia García, Susana Bellas e Javier Mieres.

Borja Prieto foi Campión de Europa Sub23 de K2-500 en Polonia 2004, xunto ao gran Saúl Craviotto, bronce no K1-200 Relevos do Europeo de Alemaña 2009 e cuarto no K4-200 no Mundial de Canadá do mesmo ano, entre outros moitos logros.

Daniel Feijoo foi doble subcampión do Mundo Junior en Finlandia 1997, ademáis de ser subcampión da Copa de Europa de Maratón en 2006 xunto con Antonio Polo, palista que foi dúas veces Campión de Europa de Veteranos e recente subcampión do Mundo hai un par de meses.

Tamén, Arturo Torrente, catro veces elixido mellor deportista de As Pontes, foi o primeiro piragüista do clube en participar nun evento internacional, sendo oitavo no Mundial Junior Austria 1991. Precisamente nese ano, Arturo, xunto con Corral, foran os primeiros medallistas de ouro do clube pontés nun Campionato de España.

Dende aquela, que se saiba, e aínda a risco de deixar algún nome polo camiño, piraguistas que conseguiran vencer en algún Campionato de España, ou lograsen medalla de ouro en algunha Copa de España, aparte dos propios Jose Ramón Corral, Borja Prieto, Daniel Feijoo, Antonio Polo e Arturo Torrente, hai outros moitos.

Nos anos 90 chegaron a ser Campións de España por Autonomías, Iván Rodríguez, do CD As Pontes, Miguel Mouta, Juan Caaveiro e Jose Otero. Campións de España e da Copa de España de C2-500 foron David Bellas e Gonzalo López. Iago Crende e Iván Pena gañaron unha Copa de España en K2-500, e Saray Fornos, Jessica Fernández, Virginia Polo e Marta Ledo foron Campionas de España en K4-500. Ernesto Gancedo tamén o foi recentemente de Veteranos.

A raíz da irrupción do deporte da piragua no Concello pontés, tamén o fixo o Kaiak Polo, deporte colectivo de gran tradición neste pobo durante moitos anos. Nesta modalidade, Serafín Fontao foi porteiro da Selección Española en cinco Mundiais e cinco Europeos, Carlos Mieres e Iván Pena tamén foron mundialistas e estiveron en Europeos coa Selección Española, e Roberto Rivera foi Campión Mundial Sub21 coma adestrador en Xapón 2004, tras gañar España na final 4-3 a Italia. Tamén estiveron coa Selección Española, Óscar Fernández, María Polo e Yani Fraga.

O Grupo Xuvenil foi Campión de España Absoluto en 2003, e varios xogadores o foron tamén coa Selección Galega. Falamos de nomes como os de Serafín Fontao, Carlos Mieres, Jaime Fontao, Roberto Rivera, Juan Carlos Pena, Manel Fraga, Ángel Pico, Iván Balsa, Iván Pena, Yanaisa Fraga e María Polo. Tamén, na categoría sub21, foron Campións de España en 2009, Diego Cebreiro, David Cebreiro, Borja Menéndez, Adán Arias e Ismael Prieto.

Nova cortesía C.M.F, A.P.C e XF

También podría gustarte
Comentarios