Os cadetes perden na fase de ascenso e os alevíns dan a gran campanada na Copa

O equipo cadete do CD As Pontes perdeu hoxe na Fase de Ascenso ante o Calo por 0-3, na ida quedaron 1-1. Ó equipo de Teo, ben plantado no campo, bastaronlle un par de xenialidades no primeiro tempo do seu número 10, pra deixar sentenciada a eliminatoria perante un irrecoñecible As Pontes. Polo equipo de Calpita formaron Beto, Isma, Simón, Toti, Diego, Rubén, Juan, Chungui, Gogas, Alex Cabarcos e Manu. Na segunda metade entraron Sergio Carballo, Lechuga, Darío e Samu. Os cadetes despiden unha tempada 2008-09 na que hai que salientar a brillante conquista da Liga.

cadete_001.jpg


De sensacional se pode calificar a tempada do equipo alevín, ó seu éxito na Liga hai que sumar a brillante victoria desta mañá nas semifinais de Copa no Campo da Gándara. Os alevíns plantaronse na Fase Final de Copa tras unha primeira ronda sen sobresaltos. En Cuartos de Final venceron o pasado venres ó Racing de Ferrol D por 6 goles a 0. Esta mañá tiñan o difícil escollo de enfrontarse a domicilo ó equipo favorito da competición, o Ánimas, e sorprenderon a propios e extranos con un sensacional 1-4. Xogarán a final da Copa da Ría o vindeiro venres día 5 en Ferrol ante o Galicia de Mugardos, que hoxe, no día das sorpresas, venceu ó potente Racing de Ferrol A na quenda de penaltis.
Tamén xogaron este fin de semana os benxamíns o seu penúltimo partido de Liga no que gañaron ó Canido por 8 goles a 0, catro de Josiño Pico, que xa leva 65, dous de Alex Fernández e dous de Antón. Os benxamíns de gañar o vindeiro sábado no campo do Eume acabarán a Liga nunha sensacional segunda posición tralo campión Portuarios de Ferrol.

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

cadete_001.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios