OS NADOS EN 1960 CELEBRAN O SEU 50º ANIVERSARIO CUNHA CEA

duodinamico.jpgOs ponteses nacidos no ano 1960 celebraran o vindeiro 10 de xullo unha cea de confraternidade con motivo dos seus cincuenta anos. A cea será no restaurante “O Xantar” da localidade pontesa a partir das dez da noite (22,00).
Os interesados en participar poden facer a súa inscrición no Banco Gallego antes do 29 de xuño. Os participantes deberán concentrarse ás nove e media da noite na praza de América para sacar a foto oficial do evento.


Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios