Amigus
As Pontes

Os prazos da extensión da banda larga adiántanse un ano

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo sociedadedainformacion.eu:
“As operadoras de telefonía comprometéronse a completar o plan para estender o acceso a internet de alta velocidade ao rural un ano antes do previsto. Este importante avance logrouse nunha reunión do Programa de Extensión de Banda Larga a Zonas Rurais celebrada o xoves en Santiago. En Galicia, isto supón que 3.063 novos lugares serán conectados en 2007.”…


…”A xuntanza do do Comité de Seguimento do Programa deste xoves na que se pechou o acordo contou coa presencia da directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, da Consellería de Innovación e Industria.
Avances sobre os núcleos que non figuran no Programa actual
A data inicialmente prevista de finalización do Programa era outubro de 2008. Sen embargo, os operadores beneficiarios das axudas (Telefónica de España e Telecable nunha zona de Asturias) comprometéronse a finalizar o despregue antes do final de 2007.
Tamén se produciron significativos progresos na proposta dunha nova convocatoria que cubra os núcleos non incluídos no Programa actual. Ademais no Comité aprobouse un plan para a difusión do Programa dende as administracións públicas e un plan técnico para a comprobación da calidade de servizo.
Balance ata hoxe: 1.600 conexións en Galiza
Por outra banda, fíxose balance do traballo feito ata agora. En Galiza, conectáronse 1.638 núcleos dende o comezo do Programa ata o 19 de xaneiro. Nestes núcleos viven 1.014.697 cidadáns, máis do 83% dos previstos.
A nivel estatal xa se conectaron o 36% dos núcleos de poboación previstos, así como o 83% dos cidadáns españois. Máis do 37% de concellos estatais dotados de banda larga grazas ao Programa acceden por primeira vez a servizos de Internet a alta velocidade, mentres que para o resto significa ampliacións de cobertura.
Financiamento público
O obxectivo do Programa de Extensión de Banda Larga é conseguir que todo o territorio conte con servizos de banda larga, nunhas condicións técnicas e económicas similares ás actualmente existentes nas zonas urbanas. A iniciativa é coordinada con iniciativas similares das Comunidades Autónomas e baixo o principio de neutralidade tecnolóxica e concorrencia de operadores.
Para incentivar os investimentos dos operadores adxudicatarios do Programa, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio aprobou no seu momento unhas axudas públicas de 22,4 millóns de euros en subvencións e 34,7 millóns de euros en créditos reembolsables sen interese.
O Programa aplícase en once Comunidades Autónomas (Andalucía, Asturias, Aragón, Baleares, Canarias, Cantabria, Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha, Castela e León, Galicia e Murcia). Na reunión tamén participaron representantes destas Comunidades Autónomas, o Ministerio de Industria, da FEMP e de Telefónica de España.”…
Fonte: sociedadedainformacion.eu

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios