Amigus
As Pontes

PALESTRA SOBRE A PAC COA EURODEPUTADA LIDIA SENRA E O PARLAMENTARIO GALEGO DAVIDE RODRIGUEZ

Dende Xunt@s por As Pontes convidan a toda a veciñanza á que será a última das palestras destes 4 anos e que leva por título “É posible outro modelo da PAC?”

SÁBADO 23 DE MARZO, ÁS 12:00HPRIMEIRO ANDAR DO MERCADO MUNICIPAL 


Versará sobre a PAC e o necesario cambio de modelo no reparto dos fondos europeos para que beneficie ás persoas que realmente traballan e viven do campo e non aos grandes terratenentes. 


Acompañaranos a eurodeputada Lídia Senra, quen nestes 5 anos no Parlamento Europeo centrou o groso das súas intervencións en demandas para o rural galego. 


Asemade, desprazarase ata As Pontes o deputado de En Marea no Parlamento de Galicia, Davide Rodríguez, responsable tamén de trasladar os problemas do rural galego á cámara autonómica. Ademáis, da PAC, exporá as propostas que nestes últimos tempos presentou en relación con outros problemas que nos afectan directamente como a praga da pataca e a velutina. 


Entre as intervencións contaremos con veciñas da nosa localidade que emprenden no rural e o consideran un medio de vida con moito futuro, como Teresa Molina, que ven de transformar a sua explotación gandeira tradicional en ecolóxica. 


Coma sempre, a conversa estará aberta á intervención e coloquio con todas as asistentes ao acto. 

Nova cortesía de Xuntos por As Pontes

También podría gustarte
Comentarios