SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-DEPORCYL GUARDO FS

O Esteo recibe este sábado ao colíder

O Esteo pontés de fútbol sala recibe este sábado ao Guardo, equipo que marcha cos mesmos 54 puntos que o Benavente, cun encontro menos. 

O equipo palentino está a realizar unha magnífica campaña, con 17 vitorias, só tres empates, e unha derrota 5-2 co propio líder, sendo o equipo máximo goleador con 116 tantos. 

Nos duelos na Fraga, dous triunfos para cada equipo e unha igualada, 4-1, 2-2, 1-6, 4-5 e 4-2. Na ida, os ponteses so perderon por un axustado 6-5.

SEGUNDA DIVISIÓN B (23ª xornada)
O ESTEO FS-DEPORCYL GUARDO FS
Sábado 23 – Marzo – 2019 (18:30)
Polideportivo de A Fraga

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios