Amigus
As Pontes

PARTICIPACIÓN DE MALENA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Galicia venceu ás Illas Baleares e perdeu con Cataluña.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A Selección Galega Sub18 participou esta fin de semana na primeira fase do Campionato de España, disputada en Castelldefels.

No primeiro partido gañaron 2-0 ás Illas Baleares, tantos de María Calvar e Rosalía Muíño, ademáis dun remate ó poste de Nuria Rábano, nun encontro no que foron moi superiores e puideron golear.

Máis complicado foi o encontro co conxunto que actuaba como locatario, a selección catalana, campiona dos dous anos anteriores, e que vencerá anteriomente a Baleares 3-0.

A selección de Cataluña sub18 tiña ata catro xogadoras que foron bronce con España no pasado Mundial sub17, Berta Pujadas, Laia Alexandri, Paula Fernández e Candela Ándujar.

Adiantáronse cun tanto de Laura Fernández, e nun remate tras un córner mandaron o balón ó poste, si ben é certo que nos derradeiros minutos a selección irmandiña tamén estrelaba un remate na madeira, e unha defensa catalana sacaba un balón baixo paus.

A porteira titular nos dous encontros foi Carmen Sumay, do Victoria coruñés, en detrimento de Malena.

Menos sorte tivo a sub16 que perdeu 1-4 con Baleares e 1-5 con Cataluña, con tres goles de Claudia Pina, que tamén estivera no Mundial de Jordania.

Galicia xogará a segunda fase a primeira fin de semana de Febreiro contra o País Vasco, Navarra, e o cuarto clasificado do grupo que forman C.Valenciana, Rexión de Murcia e as dúas Castelas, grupo que non puido xogar polo temporal.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios