PARTIDO AMIGABLE: O ESTEO FS – AZKAR LUGO B (6-4)

No partido de presentación, o Esteo acadou unha merecida vitoria diante do Azkar Lugo B por seis goles a catro. Pese ó bo tempo, o pavillón da Fraga rexistrou unha boa entrada de afeccionados con cerca de 200 espectadores nas gradas.
Merecido triunfo do Esteo no encontro de presentación de cara a vindeira temporada diante dun conxunto de superior categoría, o Azkar Lugo B, que milita na primeira nacional A. O encontro estivo moi igualado, cun Esteo que presionou durante todo o partido e que tivo moitas ocasións de gol, mentres que o conxunto lucense creaba perigo a balón parado. Bo partido dos locais destacando Noé autor de tres tantos de dobre penalti, mentres que Solloso foi o anotador dos catro goles do seu equipo.
O_Esteo_01.jpg


O ESTEO FS: Javichu, Santi, Gerardo, Noé, Rubi –cinco inicial- Anxo, Diego, Pelu, David, Roi e Iván.
AZKAR LUGO B: Areñas, Solloso, David, Diego, Javi –cinco inicial- Trabada, Lois, Pablo, Iago, Costoya e Sergio.
ÁRBITROS: Calviño Cid e Araújo Vázquez, de Ourense Amoestaron ó local Gerado.
GOLES: Min. 1 (0-1), Solloso. Min. 4 (1-1), Gerardo. Min. 9 (1-2), Solloso. Min. 14 (2-2), Noé (dobre penalti). Min. 22 (3-2), Rubi. Min. 29 (3-3), Solloso. Min. 36 (4-3), Noé (DP). Min. 37 (5-3), Noé (DP). Min. 38 (5-4), Solloso. Min. 39 (6-4), Santi.
Este venres 10 (21,30) o Esteo xoga no pavillón da Fraga outro amigable diante do Cidade de Narón e o sábado 11 (18,00) disputará o primeiro partido da fase previa da Copa Xunta de Galicia ante o Ribeira, de Lugo. O segundo partido deste torneo será contra O Parrulo o martes 14 en horario se determinar.
O conxunto pontés comeza a liga na primeira nacional B como locatario diante do A Mariña Porto de Celeiro o vindeiro sábado, 18 de setembro.
As Pontes (AF)
O_Esteo_01.jpg
O_Esteo_01.jpg
O_Esteo_01.jpg
O_Esteo_01.jpg
O_Esteo_01.jpg
O_Esteo_01.jpg
O_Esteo_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios