PARTIDO DE ALEX CABARCOS EN NEGREIRA

O futbolista pontés Alex Cabarcos xogará este xoves 12, no Campo Jose García Calvo, ás 18:00, un encontro amigable de preparación, contra o Negreira, que hai apenas dúas semanas empatou 1-1 no Campo de O Poboado. O vindeiro venres 20 a selección galega xogará as semifinais do Campionato de España contra Cataluña na terra que viu nacer ós Gasol, Sant Boi de Llobregat, coa novidade de que a outra semifinal será Castela A Mancha contra C.Valenciana, tras gañar un recurso a selección manchega no seu partido contra Ceuta, en detrimento de Andalucía.
DSC_0226.jpg


Reincorporanse moi decepcionados, despois da súa experiencia sub17, o porteiro Rubén Blanco e o dianteiro Daniel Iglesias, que viron como a pesar de gañar 4-0 a Inglaterra na que se presumía final anticipada do Europeo Sub17, tras unha criba moi exixente, un sorteo horroroso, a lesión do mellor xogador mundial sub17, Sandro Ramírez, e un sinfín de ocasións falladas, ambos equipos verán o torneo desde casa.
Con distintas sensacións regresan, o porteiro vigués estivo moi ben nos tres encontros, incluido o inaugural contra Xeorxia (1-1), e Ucrania (2-2), no que parou un penalti pero viu como o seu compañeiro Samper fallaba outro, non así Dani Iglesias, que por desgracia fallou unha gran ocasión no encontro contra Xeorxia, igual que as que erraron Calero ou o sportinguista Bustos, do mellor da selección, que acabaron costando carísimas.
A moi meritoria ex república soviética de Xeorxia, que actuaba como local, viuse favorecida por un inocentón penalti cometido por España, e varias ocasións claras desperdiciadas pola “Rojita” pra sacar un punto, no segundo encontro contra Inglaterra aguantou con defensa numantina e marcou un milagroso tanto no último segundo (1-0), e co sufrido triunfo no derradeiro encontro ante Ucrania (1-0) acabou por facer inútil a goleada de España ante os ingleses, e ó cadro español, que comezou a rodar cando xa era tarde, escapouselle outro título ó limbo.
Deducese que os convocados serán os 18 que integren a lista definitiva, coa novidade do medio cambadés Emilio Abal. A convocatoria é a seguinte:
R.C.Celta de Vigo: Jonathan Castro, David Goldar, Jose L Varela, Jordán Domínguez, Alberto Rey, Rubén Blanco
R.C.Deportivo de A Coruña: Daniel Iglesias, Juan Pablo Barros, David Gómez, Jorge Callón
Racing Club de Ferrol: David Remeseiro, Sergio González, Alex Cabarcos
Pabellón Ourense: Karim Herrero
Santiago Compostela: Brais Abelenda
Pontevedra CF Emilio Abal
ED Val Miñor: Marcos González
Arousa SC: Eloy Fariña
Fotografía cortesía Galicia de Caranza/Mucha Calidad
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios