O CD As Pontes recibe este domingo, 16:30, ó Residencia de Lugo, en encontro arbitrado por Marcos Ordóñez Rodríguez (A Coruña).
O conxunto pontés deberá tentar gañar os catro partidos que lle quedan na casa nesta primeira volta, dado que a domicilio o equipo apenas suma catro puntos, sendo o saldo de catro derrotas, por un empate ante o colista Outeiro de Rei (1-1), e unha única vitoria de prestixio ante o Castro (0-3).
No Poboado, o equipo azul comezou con dúas contundentes vitorias, ante Sofán (4-0), e Escairón (5-1), para logo desinflarse un pouco con empates ante penúltimo e antepenúltimo, Xallas e Boimorto, ambos 1-1, un triunfo de prestixio ante o Ordes (4-3), e o sufrido ante o Estudiantil (1-0).
O panorama non é doado, pois despois deste encontro, visitan o Poboado o Betanzos, Viveiro, e o Arzúa, xa en 2018. Fóra da casa o calendario é aínda máis duro, pois hai que visitar Dubra, Paiosaco e Ribadeo, tres dos mellores planteis da categoría.
Aproximanse etapas pirenaicas e alpinas, e antes de afrontalas o clube pontés debe tentar gañar ó Residencia este domingo, equipo que marcha duodécimo con 14 puntos, que gañou a Betanzos e Dubra, e empatou co líder Paiosaco, con seis goles do seu dianteiro Mauro.
Por outra banda, esta fin de semana descansan, o xuvenil, que estivo formidable, e o cadete e infantil, que tiveron unha moi boa actuación, nesta primeira fase, clasificando os tres para a Liga dos mellores, e os dous primeiros para semifinais de Copa.
PREFERENTE
CD AS PONTES-SDC RESIDENCIA (DOMINGO 12, 16:30)
FEMININO
CD AS PONTES-EF RACING DE FERROL (SÁBADO 11, 16:30)
ALEVÍN
MEIRÁS CF B-CD AS PONTES A (SÁBADO 11, 12:15)
CD AS PONTES B-SRD PORTUARIOS B (SÁBADO 11, 10:15)
BENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES A (VENRES 10, 18:00)
CD AS PONTES B-CF SAN SADURNIÑO (SÁBADO 11, 11:25)
PREBENXAMÍN
ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES A (SÁBADO 11, 11:00)
CD AS PONTES B-RÁPIDO DE NEDA (VENRES 10, 17:15)
Nova cortesía de Xose Ferreiro