PARTIDOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 17-18-19 NOVEMBRO

Importante partido do primeiro equipo no Val do Dubra

O As Pontes visita este domingo ó Campo Juan Baleato, 16:30, en encontro arbitrado por Diego Gándara Bello (A Coruña). Os ponteses son sextos con 21 puntos e afrontan seis dos encontros máis complicados da primeira volta, e de forma consecutiva.

Visita este domingo ó Dubra, quinto, despois ó líder Paiosaco, e posteriormente ó Ribadeo, ex de Terceira, antes do Nadal. Entremedias visitan ó Poboado, un Betanzos en alza, o Viveiro, nun duelo de rivalidade, e xa no 2018, na derradeira xornada, o segundo Arzúa.

Complicado rival o equipo de Val do Dubra, quinto clasificado con 22 puntos, empatado co cuarto, Ordes, e con xogadores moi experimentados como Rubén Márquez, Alberto Mariño, Adrián Vázquez ou Gonzalo.

Tres vitorias do conxunto pontés, por dous empates, nos cinco enfrontamentos oficiais a domicilio entre ambos equipos.

Tamén comezan esta fin de semana a súa andaina na Liga dos mellores equipos, o Xuvenil, Cadete e Infantil.

PREFERENTE
SD DUBRA-CD AS PONTES (DOMINGO 19, 16:30)

FEMININO
SD O VAL “B”-CD AS PONTES (SÁBADO 18, 18:00)

XUVENIL
SRD NUMANCIA DE ARES-CD AS PONTES (SÁBADO 18, 16:30)

CADETE
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (SÁBADO 18, 16:15)

INFANTIL
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (SÁBADO 18, 11:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 18, 10:15)
NARÓN O FREIXO “C”-CD AS PONTES B (SÁBADO 18, 11:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-CD NARÓN “B” (SÁBADO 18, 11:25)
RÁPIDO DE NEDA “B”-CD AS PONTES B (SÁBADO 18, 12:30)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CEDEIRA SD (SÁBADO 18, 12:35)
CEDEIRA SD “B”-CD AS PONTES B (VENRES 17, 18:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios