Tras empatar in extremis na casa ante o recén ascendido Boimorto, o As Pontes desprázase a Outeiro de Rei coa necesiadade de obter a vitoria.
O equipo azul xa está a oito puntos do líder Paiosaco e a catro do actual segundo Arzúa, aínda con 29 xornadas por diante, pero o peor son as malas sensacións dun conxunto que se agardaba fora crecendo xornada a xornada e por momentos semella todo o contrario.
Analizando os nove primeiros partidos da a sensación de que o cadro azul estará na zona media alta, e non pasará ningún tipo de apuro con respecto ós postos de abaixo, como tamén que ten moi poucas posibilidades de acabar entre os catro primeiros.
De momento este sábado, á mesma hora na que Inglaterra e España xogan a final do Mundial Sub17, ou tamén xogan feminino e xuvenil, os ponteses visitan a un moi difícil Outeiro de Rei, que marcha terceiro pola cola, sendo os rivais da zona baixa os que peor se lle están dando ós ponteses.
As Pontes e Outeiro de Rei enfrontáronse na 2008-09, na que os lucenses foron últimos, gañando o As Pontes a domicilio 1-3 e cun sufrido 2-1 no Poboado.
PREFERENTE
SD OUTEIRO DE REI-CD AS PONTES (SÁBADO 28, 16:30)
FEMININO
CD AS PONTES-UD CEBARCA (SÁBADO 28, 16:30)
XUVENIL
CD AS PONTES-CEDEIRA SD (SÁBADO 28, 16:30)
CADETE
AD MIÑO-CD AS PONTES (VENRES 27, 18:15)
INFANTIL
CD AS PONTES-CD CARIÑO (SÁBADO 28, 11:00)
ALEVÍN
CD CARIÑO-CD AS PONTES A (VENRES 27, 19:00)
CD AS PONTES B-CD NARÓN B (SÁBADO 28, 10:00)
BENXAMÍN
CD AS PONTES A (Descansa)
CD AS PONTES B-SD O VAL C (SÁBADO 28, 11:10)
PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A (Descansa)
CD AS PONTES B-SCDR NARÓN O FREIXO B (SÁBADO 12:20)
Nova cortesía de Xose Ferreiro