O As Pontes visita este domingo por primeira vez en partido oficial ao Pobra, no campo da Alta, 18:00, en encontro arbitrado por Iván Morlán García (A Coruña), na saída máis lonxana da campaña, á Pobra do Caramiñal.
O equipo da costa está a realizar unha gran campaña tralo ascenso, duodécimo con 45 puntos. Conta con boas vitorias, ante o Noia (1-0), ou empates ante o Viveiro (1-1), Arzúa (1-1), en Sarria (1-1), ou triunfos a domicilio en Arteixo (1-3), Montañeros (1-2), e Xallas (0-2).
O senegalés Pap é o seu máximo goleador con 13 tantos, e 5 suman Viturro, Espi e Manoliño. O único antecedente entre ambos equipos é o 6-0 da primeira volta, no que os visitantes tiraron un penalti ao poste co 0-0 no marcador.
PREFERENTE NORTE
POBRA CF-CD AS PONTES (CAMPO DA ALTA, DOMINGO 12, 18:00)
FEMININO
CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (VENRES 10, 20:30)
XUVENIL A
CD AS PONTES-CD BOIRO (VENRES 10, 19:00)
XUVENIL B
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES B (PRADOS VELLOS, VENRES 10, 17:45)
INFANTIL
SD O VAL B-CD AS PONTES (VENRES 10, 17:00)
ALEVÍN
CD AS PONTES A-CD AS PONTES B (XOVES 9, 18:15)
BENXAMÍN-PREBENXAMÍN
COPAS DE FERROL (DÍAS 11 E 12)
Nova cortesía de Xose Ferreiro