Amigus
As Pontes

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 11-12-13 OUTUBRO

Vitoria do Xuvenil A, Cadete, Alevín A, Benxamín A e Prebenxamín A.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

FEMININO
DISCALZAS SD-CD AS PONTES (Partido suspendido)

XUVENIL A
CD AS PONTES-ATLÉTICO DE RIVEIRA (4-0)

Importante vitoria do equipo Xuvenil A, 4-0 ante o Riveira, equipo co que compartiu ascenso a campaña pasada, tantos de Breijo, Estevo, Vilela, e un último golazo de Óscar recorrendo todo o campo, e regateando a varios rivais.

Os de Mieres son novenos con 7 puntos, antes de visitar ó Dumbría, sétimo con 11. Xogaron Mariño, Carlos, David, Pablo, Breijo, Estevo, Óscar, Chema, Dani, Vilela, Jandro, entrando despois Cristian, Matías, Edgar, Nesi e Álvaro.

XUVENIL B
CD AS PONTES B (DESCANSA)

CADETE
SRD PORTUARIOS B-CD AS PONTES (4-8)

Vitoria do Cadete en Ferrol 4-8, nun partido no que chegou a ir 0-3, logo 4-4, pero que rematou gañando con soltura, con catro goles de Joan, e un de Luis, Dani, Xoel e Jandro.

Terceiros con 9 puntos, reciben ó Cedeira, quinto con 5. Xogaron Fran, Eloy, Adrián Bellas, Samuel, Riobo, Mario Fraga, Luis, Dani, Joan, Jandro, Adrián Piñón, e despois Sergio, Íker, Hugo Blanco, Xoel, e Yadai.

INFANTIL
CD AS PONTES-NUMANCIA DE ARES CF (1-1)

Empate do Infantil co Numancia 1-1 nun encontro no que Xandre Fernández anotaba para os locais ó pouco do comezo pero preto do final Juan Andrés poñía a igualada definitiva no marcador.

Quintos con 4 puntos, visitan ó Amistade de Meirás, colista sen puntuar. Xogaron Hugo, Sergio, Antón, David, Anxo Rey, Carlos, Ali, Iago, Anxo Blanco, Diego, Xandre, Pablo, Xose, Cristian, Juan e Patricia.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-MEIRÁS CF A (4-0)
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES B (2-0)

Vitoria do Alevín A 4-0 ante o Meirás, tantos de Diego Lozano, Nico Meizoso, Destaw Pellón e Sergio Vázquez. Líderes con 9 puntos a próxima xornada visitan ó Val, segundo con 6. Derrota 2-0 do Alevín B en Neda. Sextos con tres puntos reciben ó Maniños B, aínda sen puntuar.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS (6-2)
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES B (1-1)

Triunfo do Benxamín A 6-2 ante o Portuarios, tantos de Íker Ares (3), Naúl Suárez (2), e un en propia meta. Segundos con 9 puntos, visitan ó Val, líder cos mesmos puntos. Empate 1-1 do Benxamín B en Neda, tantos de Xoel Galego. Quintos con 4 puntos, reciben ó Caranza B, sétimo con tres.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS (3-2)
MEIRÁS CF A-CD AS PONTES B (11-0)

Vitoria 3-2 do Prebenxamín A ante o Portuarios, tantos de Brais Sabín, Pablo Mariño e Xoel Timiraos preto do final que desfixeron o empate dos visitantes por dúas veces. Cuartos con 6 puntos visitan ó Ortigueira, colista aínda sen puntuar. Derrota 11-0 do Prebenxamín B que a semana que ven recibe ó Numancia, que suma pleno de vitorias.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios