Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. SD NEGREIRA 0 – CD AS PONTES 2

O As Pontes seguirá de líder unha semana máis tras unha vitoria moi traballada en Negreira

No gran arranque ligueiro en 46 anos, o As Pontes continuará de líder unha xornada máis tras gañar a domicilio a un sempre complicado Negreira por 0 goles a 2, nunha vitoria moi traballada e con moitas baixas.

Non se podían poñer mellor as cousas, cando Sergio se incorpora por banda dereita, cedelle o balón a Erni que se achegaba pola outra banda, e este sirvelle un gran balón cara atrás a Fidi que manda o esférico ó fondo das mallas (8´).

Despois, Miguel, só dentro da área manda o balón a rentes do pau na ocasión máis clara dos locais no primeiro período (12´). Respostou o equipo azul cun bo intento de Erni, que viu a Jose adiantado, e a piques estivo de sorprendelo por alto (13´).

Unha perda de balón do propio porteiro local, casi o aproveita Carlos (15´), e antes do descanso o As Pontes puido poñer terra de por medio cando Carlos deixa só a Erni, que se incorporou por banda dereita e o seu remate despexao co corpo Jose, e acaba no poste (27´).

De aí ó intermedio, dominio alterno, e xa na reanudación, ocasión inmellorable para Pablo Ramos, que subindo polo flanco esquerdo se desfai do seu marcador, e o seu tiro cruzado desviao milagreiramente a córner José (49´).

Sen embargo, os locais tiveron o seu momento de agobio ó cadro visitante, e cabe destacar un tiro por alto de Vía Rápida (52´), e dentro da área un cabezazo de Cea (58´).

Co paso dos minutos sacudíanse a presión os de Marco Roca, ata que Fidi lle fai un pase en profundidade a Carlos, que se pranta ante Jose e bateo por baixo, poñendo fin ó partido (77´).

Vitoria de prestixio dado que se conseguiu contra un equipo que fai uns meses xogaba na Terceira, e ós azuis faltábanlle ata catro posibles titulares, como o pichichi da categoría, Pardo, Dani, Alex e Quique, debutando na Liga os xoves Peque e Josiño.

Quinta vitoria do As Pontes en Negreira, por catro empates e un triunfo local. Próxima xornada no Poboado, os azuis reciben ó ascendido Agolada.

SD Negreira. Jose, Juan Diego, Paco (Nacho 66´), Santaló (Maceiras 82´), Rubén, Cea, Pereira, Miguel, Rial (Ángel 66´), Richi, Vía Rápida (Iglesias 55´).

CD As Pontes. Paco, Criado, Ramos, Rego, Martín, Adrián, Carlos (Peque 86´), Bossa, Sergio (Toni 62´), Fidi (Josiño 89´), Erni (Sánchez 68´).

Goles: 0-1, Fidi (8´), 0-2, Carlos (77´).

Árbitro: Alexandre Represas Rodríguez (A Coruña). Auxiliado por Seoane Sánchez e Agüero Seoane. Amarelas a Juan Diego, Rubén, Cea, Richi, Fidi, Adrián.

Campo e incidencias: Campo Jesús García Calvo. Uns 150 espectadores en tarde chuviosa. Gardouse un minuto de silencio polas vitimas de Sant Llorenç.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios