PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 11-12-13 XANEIRO

Trascendental encontro para o As Pontes que visita ó segundo clasificado Viveiro

Importantísimo encontro para o As Pontes na mañá deste domingo na que visita ó segundo claificado da Liga, o Viveiro. O equipo veciño da Mariña, que salvou a categoría in extremis a pasada campaña, está a facer nesta 2018-19 un sensacional papel que o levou a ir escalando postos e ocupar actualmente a segunda praza de ascenso.

Fixo boas fichaxes, comezando polo experimentado ex pontés Kiko na portería, ademais de Iván Rodríguez e Tichu do Ribadeo, e Marino do Castro, que acompañan ó capitán e motor do equipo, Xaime.

Apuntalan o equipo os moi meritorios xoves valores da casa e da contorna. Un bloque moi noviño con Arturo, Rolle, Meitín, Roi, Uriol, Pablo, Paz, Aitor, Agus ou Yoel, dos que sete xogadores moi habituais nas aliñacións non superan a vintena.  

O equipo tardou en conxuntarse pois perderon nas tres primeiras xornadas, pero nas 17 seguintes firman un rexistro espectacular tan so ensombrecido polo papelón do As Pontes.

Gañaron 13 encontros, con resultados moi interesantes ante Noia (2-4), Sarriana (5-0) ou Dubra (1-3), só cedendo tres empates a domicilio, na última xornada ante o terceiro Arzúa, e unha soa derrota na casa ante o Ribadeo 2-3, con dous goles recibidos no tempo de desconto. 

Os irmáns Xaime e Tichu suman 10 e 7 goles respectivamente, e Marino 9. Dominio de cada equipo no seu campo. Si os duelos no Poboado se resumen en 13 triunfos, 4 empates e 4 derrotas dos locais, en Cantarrana, oito triunfos locais, dez empates e so dúas vitorias pontesas.   

PREFERENTE NORTE
VIVEIRO CF-CD AS PONTES (CANTARRANA. DOMINGO 13, 12:00)

FEMININO
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (SÁBADO 12, 17:00)

XUVENIL A
CD AS PONTES-ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF (SÁBADO 12, 16:00)
XUVENIL B
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES B (DA PISCINA, DOMINGO 13, 16:00)

CADETE
CD NARÓN B-CD AS PONTES (O CADAVAL, SÁBADO 12, 10:00)

INFANTIL
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (A GÁNDARA 1, SÁBADO 12, 16:00)

ALEVÍN
CD CARIÑO-CD AS PONTES A (SÁBADO 12, 11:00)
CD AS PONTES B-EUME DEPORTIVO B (SÁBADO 12, 11:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-ORTIGUEIRA FC B (SÁBADO 12, 12:10)
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES B (PRADOS VELLOS, VENRES 11, 19:00)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES B (A GÁNDARA 4, VENRES 11, 18:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios