O As Pontes recibe este domingo, 12:00, en encontro arbitrado por Marcos Ordóñez Rodríguez (A Coruña), ao Castro lucense. Un empate ante o penúltimo clasificado serviría ao As Pontes para lograr o ascenso, pero incluso perdendo ascenderían de non gañar horas despois, o Viveiro ante o Noia, ou o Arzúa ante o Ribadeo.
Pouco queda daquel Castro que apenas hai un par de tempadas, na 2016-17, compartía Terceira División co As Pontes. Cun plantel completamente novo e un equipo moi rexuvenecido, apenas suma dez puntos, en dúas vitorias e catro empates, no que o máis reseñable foi un 2-1 ante o Negreira ou un empate 2-2 ante o Ribadeo.
Sen embargo, non convén confiarse ante un equipo que sen ir máis lonxe a semana pasada so perdeu 0-1 ante o segundo clasificado Arzúa e nos últimos minutos. Javi Fraga leva 8 dos 25 goles de vermellos. Nos encontros no Poboado, catro triunfos locais e tres empates, con dúas igualadas a 1-1 nas dúas últimas campañas.
PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-CD CASTRO (DOMINGO 14, 12:00)
FEMININO
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (VENRES 12, 20:30)
XUVENIL B
RACING SAN PEDRO A-CD AS PONTES B (A GÁNDARA 1, SÁBADO 13, 11:00)
CADETE
CD AS PONTES-SD RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 13, 17:00)
INFANTIL
CD AS PONTES-SD O VAL B (SÁBADO 13, 16:30)
ALEVÍN
ÁNIMAS SCDR BE-CD AS PONTES A (A GÁNDARA 3, VENRES 12, 18:00)
CD AS PONTES B-ORTIGUEIRA FC (SÁBADO 13, 10:30)
BENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES A (VENRES 12, 18:30)
CD AS PONTES B-CD NARÓN B (SÁBADO 13, 11:40)
PREBENXAMÍN
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES A (ANEIROS, SÁBADO 13, 11:30)
CD AS PONTES B-RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 13, 12:50)
Nova cortesía de Xose Ferreiro